O gañador do concurso de tapas foi o estabelecemento “Bachata”; o segundo premio para “El Aleph” e o terceiro para “Vetula Ponte”. Pola súa banda, os tres galardoados no concurso de cócteles foron os locais “Cotton”, “PTV” e “La Fuga de Blas”.
|
|
|
|
|
|
Un total de 27.950 tapas e 2.160 cócteles vendidos é o balanzo final dos certames celebrados na cidade entre os pasados 25 de marzo e 3 de abril. Os datos económicos indican que a facturación inducida por estas dúas iniciativas chegou a 91.410 euros, repartidos entre os 83.850 euros xerados polo concurso de tapas e os 7.560 euros do de cócteles.
Julio Castela destacou a repercusión social destes eventos, que mesmo trascenderon de Pontevedra e a súa comarca, ao comprobarse a chegada de público doutras vilas e cidades galegas. Ao tempo, Castela lembrou que o concurso de tapas celebraba a súa segunda edición (o de cócteles estreábase este ano) cunha progresión moi positiva nas cifras. O incremento foi dun 40%.
O público premiado nos sorteos foi o seguinte:Na segunda edición de Pontevedra Tapas:
Viaxe a Tenerife durante una semana, Chus Martínez Santiago.
Estancia dunha fin de semana nun balneario: César Barballa Sancho.
Estancia dunha fin de semana nun balneario: Nuria López Davila.
Cesta de produtos galegos: María Elena Veiga Solla.
Cesta de delicatessen: Francisco Javier Forja G.
Cea para catro persoas: Paula Ibáñez Méndez.
Cea para catro persoas: Evelio Sánchez Juncal.
Cesta de embutidos: Paula Sánchez Mosteiro.
Lote de Ibéricos: Óscar Iván Gutiérrez.
Na primeira edición de Pontevedra Noite:
Estancia dunha fin de semana nun balneario: Miguel Ángel (a papeleta non inclúe apelidos).
Unha cea para catro persoas: Alejandro Regueiro.
Unha cea para tres persoas: Paco Seoane Díaz.
Unha cea para dúas persoas: Jairo Dapena Nogueira.
Un decantador de copas: David Couselo.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















