O edil destacou a repercusión social destes eventos, que mesmo trascenderon de Pontevedra e a súa comarca, ao comprobarse a chegada de público doutras vilas e cidades galegas, cunha especial incidencia durante as dúas fins de semana coincidentes coa iniciativa municipal. Ao tempo, Castela lembrou que o concurso de tapas celebraba a súa segunda edición (o de cócteles estreábase este ano) cunha progresión moi positiva nas cifras. Lembrou que a primeira edición saldouse con 20.000 tapas vendidas e unha repercusión económica de 60.000 euros, polo que incremento foi dun 40%.
A votación popular expresada nos cupóns depositados nas urnas ofreceron os seguintes resultados:
En Pontevedra Tapas, o primeiro premio foi para o establecemento “Bachata”; o segundo premio para “El Aleph” e o terceiro para “Vetula Ponte”. Pola súa banda, os tres primeiros premios no concurso de cócteles corresponderon aos locais “Cotton”, “PTV” e “La Fuga de Blas”.
Durante o acto que este venres presidiu Julio Castela sorteáronse tamén, diante de notario, os distintos premios correspondentes ao público participante:
Na II edición de Pontevedra Tapas os premios foron para as seguintes persoas:
Viaxe a Tenerife durante una semana, Chus Martínez Santiago.
Estancia dunha fin de semana nun balneario: César Barballa Sancho.
Estancia dunha fin de semana nun balneario: Nuria López Davila.
Cesta de produtos galegos: María Elena Veiga Solla.
Cesta de delicatessen: Francisco Javier Forja G.
Cea para catro persoas: Paula Ibáñez Méndez.
Cea para catro persoas: Evelio Sánchez Juncal.
Cesta de embutidos: Paula Sánchez Mosteiro.
Lote de Ibéricos: Óscar Iván Gutiérrez.
Os premiados na primeira edición de Pontevedra Noite son:
Estancia dunha fin de semana nun balneario: Miguel Ángel (a papeleta non inclúe apelidos).
Unha cea para catro persoas: Alejandro Regueiro.
Unha cea para tres persoas: Paco Seoane Díaz.
Unha cea para dúas persoas: Jairo Dapena Nogueira.
Un decantador de copas: David Couselo.
Todos os premios serán entregados a próxima semana.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.