hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

“PontedeTapas” supera todas as expectativas e achégase ás 8.000 tapas vendidas na súa primeira fin de semana

Gastronomía

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

hyyyy   O concurso de tapas organizado pola empresa municipal “Turismo de Pontevedra” acadou na súa primeira fin de semana un éxito rotundo. Cunha cifra de tapas vendidas que oscila entre as 7.000 e as 8.000 e un impacto económico que ronda os 24.000 euros, todo indica que cara o remate do certame, o próximo 8 de decembro, as cifras acadarán niveis realmente impactantes.

A concelleira de Turismo, Carlota Román, destacou que para contextualizar o éxito deste comezo basta con lembrar que durante a primeira edición de “Pontedetapas”, celebrada en 2009, vendéronse un total de 9.000 tapas. Se só con tres días estamos case ao nivel daquela primeira edición, parece claro que os obxectivos de consolidar o concurso e facer del unha ferramenta de promoción turística da cidade están xa conseguidos.

As xornadas do venres, sábado e domingo foron especialmente activas na Casa do Turista, engade Román, pois foron moitas as persoas que se achegaron para recoller o díptico informativo no que se recollen todos os establecementos participantes coa intención de programar as súas rutas de tapeo.

Cada local participante recibiu o venres un taco con 200 cupóns de votación. Algúns deles reclamaron máis cupóns o mesmo venres e/ou chegaron a repetir sábado e domingo. Así, o total de cupóns entregados durante a fin de semana chegou a 10.000. O éxito de “PontedeTapas” é, por outra parte, ben visible nas propias urnas de votación situadas nos bares e restaurantes participantes, pois xa se  pode apreciar que moitas delas están cheas, o que obrigará a baleiralas ou ben a dotalos de novos urnas.

Un total de 47 hostaleiros locais, a maioría do Centro Histórico, están a participar no concurso gastronómico que comezou este venres e prolongarase ata a xornada da Inmaculada, o día 8 de decembro. O certame chega este ano cunha forte aposta polo enfoque 2.0, incluíndo web propia, perfís en Facebook, Twitter e posibilidade de xeolocalización a través de código QR.

Os locais esforzáronse en elaborar tapas efectistas e sorprendentes, nas que predomina o produto galego de calidade. O prezo da tapa, sen incluír bebida, mantense en 1,50 euros.

Os clientes poden encher un cupón de votación valorando do 1 ao 5 cada tapa. Rematado “PontedeTapas” abriranse as urnas e farase o reconto para decidir as tres propostas gañadoras. O público, pola súa parte, conta co aliciente da celebración dun sorteo, entre  todos os votos emitidos. Repartiranse un total de 12 premios: unha viaxe de oito días para dúas persoas a Tenerife, unha viaxe de seis días para dúas persoas a Madeira, unha escapada de fin de semana con encanto para dúas persoas, unha escapada pintoresca para dúas persoas (as dúas en datas a elixir polos gañadores), cinco cheques regalo de 200 euros para mercar no comercio local e, finalmente, tres ceas con “Menú da ría” nos restaurantes adheridos a esta outra iniciativa gastronómica municipal.

Escribir un comentario