hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Chega a terceira edición do certame gastronómico “Pontevedra Tapas”

Gastronomía

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

pontevedra-tapas-saborea-galicia A Concellería de Promoción Económica e Turismo pon en marcha a terceira edición de “Pontevedra Tapas”. Do 25 de novembro ao 4 de decembro volverá a Pontevedra o programa impulsado a través da empresa municipal Turismo de Pontevedra co obxectivo de potenciar e dar a coñecer o potencial gastronómico da cidade na súa mínima expresión.

A concelleira Carlota Román considera que vai ser difícil superar o éxito da última edición, na que se repartiron máis de 20.000 tapas, pero destaca que a organización desta terceira edición era un clamor tanto popular coma dos propios profesionais da hostalería. Ademais, subliña que “Pontevedra Tapas” creou xa unha expectativa tan clara, que, mentres haxa interese dos empresarios, debe formar parte da programación estable da Concellería de Turismo.

Despois das conversas cos empresarios optouse, destaca Román, por unhas datas que sitúan o concurso-certame a cabalo entre o remate de novembro e o comezo de decembro, cubrindo dúas fins de semana e anticipándose á ponte festiva da Constitución, antesala das festas de Nadal.

Os establecementos concursarán cunha única tapa, que deben definir no momento da inscrición. A tapa pode estar realizada ao xeito tradicional ou ofrecendo unha cociña de novas tendencias, pero mantendo a obrigatoriedade da utilización de produtos e materias primas de calidade da gastronomía galega. Tamén, despois das conversas entre a Concellaría e o sector, optouse por manter o prezo por tapa nos 1,50 euros sen incluír a bebida.

Igual que en anteriores edicións, este certame está aberto a todos os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Pontevedra que queiran participar.

O prazo de inscrición ábrese este xoves, día 17 de novembro, e péchase o domingo, día 20, polo que os empresarios/as interesados deben apresurarse a inscribirse.

Os formularios de inscrición están dispoñibles na Casa do Turista (Praza da Verdura, s/n) en horario de 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas de luns a sábado, e de 10.00 a 14.00 o domingo, no teléfono 986 090890 ou no enderezo electrónico Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla Tamén poderán obter información sobre como participar a través de HOASPO (Hosteleros Asociados de Pontevedra) no teléfono 627 858 307.

O custo da inscrición mantense en 80 euros por establecemento participante e novamente serán estes cartos da inscrición os que se sufragarán os premios.

Escribir un comentario