hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

'Xantar na casa' chega a sete novos concellos

Gastronomía

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

xantarcasaojpo O servizo Xantar na Casa comezará a prestarse nos concellos pontevedreses de A Estrada, A Lama, Forcarei, Mos e Ponte Caldelas en virtude dos convenios asinados por alcaldes e concelleiros desas localidades e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.....

Esta iniciativa tamén comezará a funcionar nos concellos de Pontecesures e Marín.

Un total de 71 veciños destes concellos beneficiaranse polo momento do servizo, alcanzando os 254 na provincia de Pontevedra. O programa ten xa 1.031 usuarios repartidos entre as catro provincias galegas, persoas ás que se lles garante unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás súas necesidades.

O obxectivo principal de Xantar na Casa é mellorar o nivel de benestar e de calidade de vida de moitas persoas maiores e/ou dependentes, e tamén das súas familias, manténdoas no seu contorno familiar e comunitario e retardando ou evitando a institucionalización.

Ao mesmo tempo, facilítase un respiro ás familias e aos coidadores e un seguimento e acompañamento de cada persoa beneficiaria do servizo por parte dos profesionais que acoden aos domicilios.

Plan de Persoas Maiores 2009-2012

 

Na sinatura dos convenios, a conselleira de Traballo e Benestar salientou que esa mellora das condicións de vida dos maiores ou dos dependentes é unha das metas principais do seu departamento.

“En Galicia residen máis de 600.000 persoas maiores de 65 anos. Nin máis nin menos que o 21,6% da poboación total. Somos a terceira comunidade máis envellecida de España. Un Goberno que desexe mellorar Galicia ten que pensar, obrigatoriamente, nos maiores. E estámolo facendo, porque son unha das nosas prioridades”, sinalou.

Ao respecto, lembrou a aprobación polo Consello da Xunta do aumento en 2.000 das prazas dispoñibles para persoas maiores entre centros de día, centros para enfermos de alzheimer e residencias, sobre todo para dependentes. Na provincia de Pontevedra, o incremento será de 240 en prazas de centro de día, doutras 55 de centro de día específicas para enfermos de alzheimer e de 90 prazas resdenciais para maiores dependentes.

Estes obxectivos veranse complementados nos vindeiros meses coa aprobación do plan de persoas maiores 2009-2012 e o I Plan Integral para as persoas con discapacidade, anunciou.

A conselleira agradeceu a súa colaboración aos concellos alí representados e salientou que o apoio mutuo entre Administracións, neste caso a local e a autonómica, é fundamental para o desenvolvemento óptimo de todas estas políticas.

Terceira fase de Xantar na Casa

 

O programa Xantar na Casa, que cos convenios asinados hoxe está presente en 155 concellos galegos, púxose en marcha en setembro de 2008; en decembro do mesmo ano entrou na súa segunda fase coa adhesión de 35 novos concellos, e coa terceira fase, que arrancou o pasado mes de setembro, preténdese chegar aos 1.500 usuarios.

Benefícianse deste programa persoas maiores de 60 anos cunha autonomía persoal limitada, dependentes que carecen de apoio familiar e persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social dos concellos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

En canto ao funcionamento, o transporte dos menús realízase en vehículos adaptados mantendo a temperatura e a refrixeración imprescindible. Os xantares entréganse nun único día á semana nos domicilios das persoas beneficiarias, que reciben sete bandexas diferentes co xantar para cada día. O prezo do menú diario é de 6,93 euros, dos que a Xunta, a través do Consorcio, aporta 3,23, mentres que o Concello e o usuario poñen, cada un, 1,85 euros ó día.

 

 

 

 

Escribir un comentario