A xornada enmárcase no calendario de mobilizacións que a federación ten realizado ao longo deste ano nas dúas comarcas onde o naval ten maior peso, Vigo e Ferrol, e reiterará o chamamento á responsabilidade dos Gobernos español e galego para facer fronte a esta crítica situación.
![]()
Os representantes sindicais denunciaron o abandono do sector naval por parte das distintas Administracións e alertaron do risco de desaparición que corren moitas empresas auxiliares da Ría de Vigo.
Dende a CIG expuxeron que no último ano e medio destruíron arredor de 7.000 empregos. Engadiron que o 100% das auxiliares están inmersas en Expedientes de Regulación de Emprego (algunhas deles van xa polo terceiro) mentres que principais como Barreras ou Vulcano tamén presentaron EREs.
A central nacionalista anuncia seguirá a mobilizarse diante da grave situación que atravesa o sector naval e que xa motivou manifestacións como as celebradas en Vigo o 14 de abril ou máis recentemente en Ferrol.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















