A Deputación de Pontevedra conseguiu deste xeito desbloquear un convenio derivado dos problemas existentes entre a Comunidade de Montes e o Concello de Pontevedra, xa que a administración local pontevedresa quería nun principio a cesión dos terreos do campo de fútbol para levar a cabo o investimento. A Comunidade de Montes sinalou que legalmente non era posible.
Finalmente o Concello de Pontevedra accedeu a asinar un convenio a tres bandas que permitirá “o uso público da instalación por parte das distintas asociacións deportivas da parroquia de Marcón, facendo especial fincapé na promoción do fútbol base”.
A Comunidade de Montes será a encargada da conservación e mantemento da infraestrutura deportiva. Así mesmo, segundo recolle o convenio, as instalacións poderán ser utilizadas pola Deputación e polo Concello para a celebración de calquera evento deportivo que poidan organizar, sen interferir nos calendarios deportivos aprobados nin na programación e horarios de uso das instalacións por parte do Marcón e das Escolas deportivas municipais.
Esquelas / Defunciones
Pontevedra



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















Comentarios
http://www.youtube.com/watch?v=DLV6jaZFLro&feature=player_embedded
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.