hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A ministra de Ciencia e Innovación e o presidente da Xunta inauguran o edificio de Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi)

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

citexvi O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e a ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, inauguraron xunto ao reitor, Salustiano Mato e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o edificio de Citexvi, Cidade Tecnolóxica de Vigo, SA, unha entidade que nace como “acelerador de negocios e punta de lanza que faga posible que chegue a bo fin ese camiño que vai entre o coñecemento e a súa posta en valor”, tal como subliñou durante a inauguración o reitor e a ministra Garmendia, quen fixo fincapé na capacidade da universidade viguesa de conectar “a investigación académica coas necesidades do sector produtivo”.

Polo de atracción de proxectos de I+D+i para o sector empresarial, o eixe de actuación da Cidade Tecnolóxica de Vigo céntrase en xerar sinerxías entre o mundo das empresas e o ámbito científico-tecnolóxico, pondo a disposición do tecido empresarial galego servizos tecnolóxicos de última xeración. “Trátase de apostar pola comercialización dos resultados da investigación”, insistiu o presidente da Xunta de Galicia, que fixo fincapé en que “o edificio que hoxe inauguramos é proba do traballo e dos froitos que pode dar a colaboración e cooperación entre ás distintas administracións e as empresas”, engadiu.


Con esta nova infraestrutura trátase pois de estreitar a relación entre universidade e tecido empresarial poñendo á súa disposición un espazo e unha ferramenta que permitan acelerar os negocios innovadores e a transferencia do coñecemento xerado polos grupos de investigación á sociedade na que se insiren.

Escribir un comentario