hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A segunda fase do soterramento da rede eléctrica no centro histórico chega ao seu fin

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
bgtttt   Os traballos de soterramento do cableado da rede eléctrica no centro histórico afrontan a última parte da obra nesta segunda fase. Os técnico xa colocaron todas as acometidas e están a traballar nestes días entre as rúas Churruchaos e Charino, diante do Teatro Principal. 

Nesta fase está incluído o soterramento na avenida de Santa María e toda a súa contorna (praza de Alonso de Fonseca, rúas perimetrais, e tamén Amargura). Tamén todo o Campiño de Santa María, que se acometeu paralelamente ás obras de restauración, recuperación e posta en valor dos achados arqueolóxicos, recentemente inaugurados e abertos ao público.

Concluídos estes traballos, os técnicos están a baixar o cableado das rúas Churruchaos e Charino, como puido comprobar o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará esta mesma semana nunha reunión de seguimento das obras. Deste xeito rematará a segunda fase do proxecto que terá continuidade noutras rúas do centro histórico. A primeira, iniciada no pasado mandato, fíxose en Padre Luís, Manuel Quiroga, Filiberto ou Real.

O soterramento do cableado do eléctrico do centro histórico reporta moitos beneficios para todo este ámbito. Contribúe de xeito fundamental a poñer en valor a recuperación da zona monumental que comezou hai máis dunha década coa limitación do tráfico rodado, coa recuperación das rúas, coa dinamización cultural e social de rúas e prazas…

Ademais da evidente mellora estética para a principal tarxeta de visita que ten a cidade de Pontevedra: o seu casco histórico, tamén supón un beneficio para todos os residentes xa que se cambian conexións obsoletas por novo cableado que mellorará o servizo a todos os usuarios destas rúas e prazas.

Fuente fotografía: http://www.flickr.com/photos/elentir/

Escribir un comentario