A barreira de formigón situarase no tramo con carril lento e nos treitos próximos aos enlaces, xa que son os que contan con ancho suficiente para posibilitar o desvío do tráfico en caso de emerxencias.
As balizas cilíndricas situaranse no resto do tramos nos que non é posible instalar barreira de formigón, para marcar un eixo claro da calzada e facer un efecto de estreitamento.
Ademais, Hernández anunciou que a Xunta destinará de maneira inmediata un total de 200.000 euros a través da Sociedade Pública de Investimentos para executar esta actuación.
O principal obxectivo é mellorar a seguridade vial e diminuír ao máximo a posibilidade de colisións frontais por invasión do carril contrario.
Estas medidas reforzarán as que se implantaron en 2010 para reducir a accidentalidade.
Esquelas / Defunciones
Pontevedra



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















