hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Abre as súas portas a primeira piscina ao aire libre do Concello de Mos

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

P7160089

Esta fin de semana abríase por primeira vez para o uso e desfrute dos mosenses a piscina pública ó aire libre ubicada no ámbito da urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga. Á apertura da piscina, situada na zona oeste da urbanización xunto ó parque infantil e a pista deportiva, acudiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada pola maioría dos concelleiros do seu equipo de goberno e por un nutrido número de veciños da urbanización.

A rexedora local anunciou en febreiro deste ano a intención do seu goberno de construir unha piscina en San Eleuterio, compromiso que hoxe, poucos meses despois, é xa unha realidade. A razón pola cal se decidiu situar a piscina neste lugar é, segundo explicou hoxe Arévalo, “que se trata dunha zona cunha alta densidade poboacional e que, por tal motivo, necesita maior aporte de equipamento dotacional”.

O horario de apertura da piscina de San Eleuterio será, durante o actual mes de xullo, de 11.00 a 22.00 horas ininterrumpidamente; e dende o 1 de agosto ata o 15 de setembro o horario será de 11.00 a 21.00 horas, tamén ininterrumpidamente. As instalacións, que constan de dúas piscinas: unha grande e unha pequena -para os nenos de máis curta idade- e de baños, contarán en todo momento cos servizos dun socorrista. Os cativos menores de 13 anos só poderán acceder ó recinto da piscina se van acompañados dun adulto.

Melloras complementarias

Ademais da construcción da piscina, o proxecto contempla o acondicionamento do seu contorno inmediato complementando o uso doutras zonas de esparcimento coma o parque infantil e a pista deportiva xa existentes.

A urbanización de San Eleuterio conta tamén cunha serie de metros edificables no seu fronte que se atopan sen acondicionar e que tamén serán mellorados para que os veciños poidan desfrutar dese espazo mentres non se constrúa nel.

 

Escribir un comentario