Agustín Fernández expresou a súa satisfacción pola relación que o Concello vén mantendo historicamente coa Fanpa e os seus sucesivos responsables dende que se sentaron as bases dunha colaboración estable: primeiro con María José Rodríguez e, deseguido, con José Manuel Alvite.
Polo tanto, expresou a Alberto Pita a súa vontade de manter o mesmo ton de entendemento.O concelleiro significou que vanse manter os convenios coa Fanpa para a xestión dos comedores escolares, o plan Madruga, ludotecas e actividades extraescolares. De feito, anunciou que o convenio de comedores escolares, valorado en 189.000 euros, vai ser incrementado con outros 20.000 euros para que a Fanpa xestione tamén as becas de comedor para familias con dificultades económicas.
Fernández anunciou tamén a súa vontade de continuar a investir nos colexios, indo máis alá do deber municipal de conservación e mantemento, aínda que fixando unhas prioridades claras para atender as cuestións máis urxentes. O Concello vai contar cunha partida duns 300.000 ou 350.000 euros anuais. O resto das obras, que son competencia da Xunta de Galicia, serán reclamadas á Administración autonómica, coa que o responsable municipal desexa colaborar dentro do máximo espírito de lealdade institucional.
Ambas partes expresaron o seu máximo compromiso na defensa do ensino público como servizo básico e quedaron en manter novos encontros para ir abordando as cuestións concretas que vaian xurdindo.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















Comentarios
¿Sabe todo o mundo que este cabaleiro falseou o seu empadronamento para poder colocar os seus fillos no colexio que el queria, un colexio que non lle tocaba por zona?; asi é como funcionan os "politicos".
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.