A Mesa, que estará presidida pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, contará cun total de 16 membros, dos que a metade representan ás asociacións de comerciantes e consumidores e a outra metade ao Concello. Así está prevista a participación de Aempe, AJE, Centro Comercial Urbano Zona Monumental, as dúas asociacións da Praza de Abastos, a Federación Provincial de Comercio, a Cámara de Comercio e a Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumidores Rías Baixas. Polo Concello haberá un representante de cada un dos partidos políticos presentes na Corporación e varios técnicos municipais. Haberá tamén un representante da Xunta e actuará como secretario o xefe do servizo municipal de Promoción Económica.
O decreto regulador establece que a Mesa debe reunirse cunha periodicidade mínima anual, pero Carlota Román xa anunciou que vai ter unha actividade máis intensa. As súas funcións consisten no deseño e/ou informe das campañas de promoción do comercio e feiras de oportunidades. Actuar como órgano consultivo do Concello, propoñerlle cantas medidas se consideren necesarias, ser oída na elaboración de plans de tráfico e de ordenación urbana e, finalmente, emitir informe en cantos asuntos se considere sexan relevantes para o comercio.
Fuente foto: www.vinogallego.com



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















