hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Chega ao centro de Vigo a primeira tuneladora do AVE, tras percorrer 8,2 kilómetros

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

tunelave Centenares de persoas foron testigos este xoves da chegada da primeira tuneladora do AVE ao centro de Vigo, completando os 8,2 quilómetros de percorrido desde Redondela e  tras máis de dous anos e medio de traballos.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu no nome da cidade ao ministro de Fomento, José Blanco, levar adiante este "compromiso político" feito hoxe xoves realidade co remate do túnel.

"A Miñoca" conclúe seu percorrido de 8,2 quilómetros desde Redondela e "A Lebre" a completará en dúas semanas. Caballero indicou que falta continuar a excavación para construir a nova estación do AVE de Urzáiz, deseñada por Thom Mayne, da que o rexedor indicou que non permitirá "nin unha característica menos do que estaba previsto" no proxecto inicial.

Abel Caballero recoñeceu a laboura do Ministerio de Fomento, das empresas construtoras e dos traballadores, tras máis de dous anos e medios de traballo. O alcalde recordou que a chegada da Alta Velocidade ten tamén visibilidade na nova estación ferroviaria de Guixar, operativa para poder derrubar a antiga terminal de Urzáiz, onde erguerase a que acollerá o AVE. "Esto é o que esta cidade reclama e este goberno está a facer realidade", afirmou o alcalde.

Escribir un comentario