A nosa comunidade ocupa tamén a primeira posición no relativo a balnearios certificados -7 dun total de 38-; a instalacións náutico-deportivas -6 de 12-; e a empresas de turismo activo -4 das 8 existentes con certificación Q de Calidade Turística están en Galicia-.
![]()
Por segundo ano consecutivo, a nosa é a comunidade na que máis medrou a cifra de establecementos certificados coa marca Q. Somos a segunda comunidade en canto a axencias de viaxes e palacios de congresos certificados. Contamos con 56 axencias con certificación sobre as 380 que a teñen en todo o Estado; e con dous palacios sobre os 10 existentes en España con Q de Calidade Turística.
Carmen Pardo resaltou que na actualidade dende a Administración Turística galega trabállase en Programas de Calidade Turística nos subsectores turísticos de hoteis, turismo rural, restaurantes, axencias de viaxes, acampamentos turísticos, balnearios, servizos de restauración, espazos naturais protexidos, praias, palacios de congresos, turismo activo e instalacións náuticas. Do mesmo xeito, a secretaria xeral comentou que as actuacións relativas ao estímulo ás iniciativas de certificación e acreditación da calidade xa estaban presentes no Plan de Acción do Turismo 2010-2013 dentro da política de productos e da estratexia de xestión de productos do plan.
A secretaria xeral resaltou tamén que dende Turismo se puxeron en marcha dúas ordes de subvencións específicas –na anualidade 2011 e mais na 2012- para implementar as normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española. “Temos unha orde específica dentro das axudas ao sector dirixida a implantar e renovar as certificacións Q”, comentou. Carmen Pardo tamén destacou a colaboración do sector para situar ao destino Galicia nunha das primeiras posicións de España en canto a Calidade Turística.
Proxecto Discamino
Un pai e o seu fillo de 12 anos con parálise celebral percorrerárn o Camiño dende Roncesvalles ata Santiago nunha silla de rodas-bicicleta Duet. Este proxecto presentouse hoxe en Fitur no Stand da Rede Española de Turismo Accesible-Red Estable e levarase a cabo entre o 25 de xuño e o 15 de xullo deste ano. O obxectivo de Javier Luque e mais do seu fillo Antonio, naturais de Córdoba, é contribuir á rehabilitación do rapaz proporcionandolle variados estímulos multisensoriais, así como facer un chamamento sobre a necesidade dun turismo accesible.
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, recibiu a Javier Luque e ao seu fillo hoxe no stand de Galicia en Fitur. Alí amosáronlle a bicicleta adaptada que conseguiron para realizar o percorrido.
Programa do Stand de Galicia
Durante o día de hoxe o stand de Galicia acolleu catro presentacións relacionadas coa oferta turística da comunidade. Turismo Rías Baixas, realizou unha presentación sobre as Rías Baixas como destino competitivo e de calidade. A secretaria xeral para o Turismo, clausurou o acto de presentación de Rías Baixas –segundo dixo “un dos destinos turísticos máis importantes de Galicia”- xunto co presidente da Deputación de Pontevedra; Rafael Louzán. Carmen Pardo animou aos alcaldes da zona a seguir traballando polo destino e aos asistentes a coñecer e disfrutar das Rías Baixas.
Tamén fixeron presentacións o Concello de As Pontes e o Plan de Dinamización do Produto Turístico Área Metropolitana da Coruña. A programación do stand pechouse coa presentación das novas iniciativas turísticas do Concello de Ferrol.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















