O actual vicepresidente do Pontevedra C.F., director do IES Montecelo e ex-concelleiro do Partido Popular, José Manuel Fernández Rodríguez, foi nomeado este luns como novo director da Cidade Infantil Príncipe Felipe. O presidente da Diputación, Rafael Louzán, anunciou este luns este cambio na cúpula deste centro que durante os últimos oito anos dirixiu Zoila Paz.
A Cidade Infantil Príncipe Felipe conta na actualidade con 140 nenos matriculados no centro de día, 15 internos e outros 150 na unidade de primeira acollida. En total atende a 440 menores.
Príncipe Felipe conta con infraestruturas como dúas piscinas, un pavillón, un campo de fútbol de herba natural e unha zona verde con 30 hectáreas para sendeirismo, que a Deputación utiliza de forma continuada todo ano a través de iniciativas como as Escolas deportivas gratuitas, a Escola de Gaita e Percusión de Pontevedra, o Campamento de Inglés para 600 rapaces ou na celebración de torneos deportivos rexionais e nacionais.
Asímesmo, unha parte das instalacións de Principe Felipe cedéronselle á Consellería de Educación. Nelas sitúanse a Escola de Hostalería, o Centro de Educación Especial, o Centro de Educación Primaria e Secundaria, o Centro de Educación Infantil e o Centro de FP.
Os edificios de Príncipe Felipe tamén albergan as instalacións do obradoiro de emprego Mobilia, para a construción de mobiliario urbano, e as oficinas do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Europeos.
-Currículo do novo director de Príncipe Felipe:
JOSE MANUEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
Formación académica:
- Diplomado en Maxisterio, especialista na Área de Xeografía e Historia.
- Profesor Especialista en Educación Física (Universidade de A Coruña).
- Acreditado para o exercicio de dirección en Centros Docentes Públicos.
- Diploma de Aptitude para Xestión de Recursos Humanos.
Itinerario Profesional:
- Actualmente é director do Instituto de Educación Secundaria Montecelo de Pontevedra.
- Foi director do IES Vilanova de Arousa (2001-2004); IES de Sanxenxo (1998-2001); do instituto Magaláns –Dorrón (1978-1998); e tamén foi secretario do instituto de educación secundaria “Fogar Provincial de Príncipe Felipe”; ademais doutras experiencias como profesor.
Outros cargos:
- Actualmente presidente da Fundación Pontetec.
- Presidente das categorías base do Pontevedra Club de Fútbol.
- Presidente e Fundador do Club Voleibol Dorrón.
- Vicepresidente da Federación Galega de Voleibol.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















