hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

José Manuel Figueroa, elexido por aclamación novo presidente do PP de Vigo

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

la_foto José Manuel Figueroa foi proclamado presidente do PP vigués por aclamación, nun congreso multitudinario ao que non faltaron os principais cargos políticos do partido en Galicia, desde o presidente do PPdeG e xefe do executivo autonómico, Alberto Núñez Feijoo, á gran maioría dos conselleiros, pasando pola vicepresidenta 2ª do congreso, Ana Pastor, o secretario xeral dos populares galegos, Alfonso Rueda, ou os presidentes provinciais do partido en Pontevedra, Rafael Louzán, e na Coruña, Carlos Negreira, así como os alcaldes da área e, incluso, doutras provincias, como José Manuel Rey, alcalde de Ferrol.

Nas numerosas intervencións que se producirosn tras a proclamación de Chema Figueroa como presidente, todos os participantes coincidiron en destacar os anos de entrega do novo presidente ao PP vigués e á defensa de Vigo. Neste sentido, o presidente provincial,  que confesou ter “unha conexión case perfecta” con Chema Figueroa, incidiu en que a súa elección como presidente “é un acto de xustiza”, a “recompensa merecida” á “constancia, dedicación e entrega” dunha persoa que cualificou de “transparente”, “humilde” e “xenerosa”.

la_foto3

Calificativos todos eles nos que tamén incidiron o secretario xeral dos populares galegos, Alfonso Rueda; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; Javier Guerra –conselleiros de Industria- e Ana Pastor.

E se o case cuarto de século que Chema Figueroa dedicou ao PP vigués foron unha constante no discurso de todos os participantes, non o foi menos a chamada á implicación e ao traballo intenso de todos para conseguir que o 20 de novembro se convirta nunha data histórica” para Galicia, Vigo e Pontevedra.

Escribir un comentario