O Ateneo de Pontevedra organiza unha mesa redonda para a
Análise dos resultados das Eleccións Xerais en colaboración co Colexio de Politólogos/as e Sociólogos/as de Galicia. O acto, convertido xa nun referente na cidade de Pontevedra, reúne a expertos nas áreas da Ciencia Política, Socioloxía e Demoscopia. Celébrase este
xoves 24 de novembro, ás
20 horas, no
Salón de Actos do
Sexto Edificio do
Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo Carballo, 3). O acto conta coa colaboración da Deputación e o Museo de Pontevedra.
Nesta ocasión o cadro de relatores está formado por
José Manuel Rivera Otero (profesor titular de Ciencia Política da USC),
María Pereiro López (investigadora na Facultade de Ciencias Políticas da USC) e
Luís Álvarez Pousa (profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e director da revista
Tempos Novos).
Como vén sendo habitual, moderará a mesa redonda Xosé Luís Barreiro Rivas (profesor titular de Ciencia Política na USC e director do Departamento de Ciencia Política e da Administración na USC).
Escribir un comentario