hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Concello de Vigo construirá en Castrelos un parque temático de ocio infantil e xuvenil

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
1283516467castrelos
O Concello de Vigo construirá un gran parque temático de ocio infantil e xuvenil en Castrelos, unha nova dotación que será pública e gratuita e responde a unha vella demanda cidadá. O espazo, de 10.500 metros cadrados, terá tres zonas diferenciadas por grupos de idade: ata os 5 anos, ata os 8 e ata os 16 anos. O investimento municipal do Concello, que xestionará o parque, suma un millón de euros.

As empresas interesadas neste concurso de ideas contan con mes e medio para presentar os seus proxectos e unha vez adxudicado o prazo de construcción do parque será de 150 días.

O novo parque infantil e xuvenil será propiedade do Concello de Vigo e terá espazos cubertos tanto para eventuais mostras como en previsións das condicións climatolóxicas adversas. A dotación tampouco interferirá coa zona histórica de Castrelos, xa que alóngase do parque infantil actual, avanzando polo río e chegará á entrada actual desde a Avenida de Castrelos.

O parque será lúdico e gratuito para toda a cidadanía, orientado a factores de educación ambiental, e nace con vocación de converterse no parque infantil e xuvenil máis importante de Galicia.

Escribir un comentario