O Concello de Vigo destinará máis de 350.000 euros en darlle un lavado de cara aos xardíns do Parque de O Castro, no centro da cidade. Trátase das obras de protección e conservación do patrimonio histórico e paisaxístico dos xardíns desta zona viguesa. As actuacións comenzarán en dúas semanas e nelas traballarán 6 personas a xornada completa durante 4 meses.
A actuación que recolle a inversión abrangue a reparación e recuperación das principais sendas do parque, que forma parte do patrimonio histórico e paisaxístico da cidade así como de varios elmentos do mesmo que están deteriorados polo paso do tempo.
Para realizar as reparaciones renovaránse as sendas peonís con extensión de xabre e melloraráse a capa de rodadura das sendas que conducen ata o castelo do Castro, situado na parte alta do parque e que pasan por distintos miradores desde os que pódese observar gran parte da cidade e da ría viguesa.
Ademáis aproveitarase a actuación para acondicionar e reparar diversos elementos históricos do parque, como o estanque das áncoras ou a pérgola xunto ao acceso do castelo.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















