hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Concello de Vigo inicia a campaña de esterilización de felinos nas rúas da cidade

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

esteriligatos

Tal e como estaba previsto o Concello de Vigo instalou xa as xaulas de atrape en distintos puntos da cidade para proceder á esterilización e posterior solta dos gatos salvaxes. O plan é fruto dun convenio de colaboración asinado entre o alcalde de Vigo, os colexios de Biólogos de Galicia e de Veterinarios de Pontevedra e a Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Vigo.

A concellería dirixida pola socialista Chus Lago ten xa en marcha o plan para controlar a colonia de gatos salvaxes da cidade mediante a súa esterilización. Ata o de agora xa se recolleron felinos que serán esterilizados e postos posteriormente en liberdade nos seus puntos de recollida.

A idea, tal e como se acordou o pasado mes de xuño, é evitar o crecemento das colonias evitando a reproducción e as molestias que poidan chegar a ocasionar os gatos en celo, unha medida que é levada a cabo con éxito en grandes cidades españolas.

Para poder levar adiante o proxecto xa se equiparon os quirófanos e se compraron as xaulas de atrape para que os animais poidan ser esterilizados nas instalacións municipais. A edil de medioambiente, Chus Lago, lembrou que ata o de agora o seu departamento leva destinado 400.000 euros á mellora da protetora municipal. Tamén incidiu en que as instalacións municipais contan agora cun quirófano onde realizar as esterilizacións, unha mellora que supuxo un investimento de 36.000 euros.

Medioambiente efectuou asemade outras reformas como a conexión do recinto ao saneamento municipal, a contratación dun xestor autorizado para os animais falecidos e a adquisición dun vehículo para o laceiro, entre outras.

 

Comentarios  

 
0 #1 cristina 28-07-2010 22:54
Es una buena iniciativa... la vacunación - alimentación... Pero la otra es el bien estar tambien de todos los animales , de todo el MUNDO .DIOS premiará a los/as que cuidan o se preocupan de los seres VIVOS...Muchas gracias concello de VIGO, por dar alegría a los que amamos a los animales...como no podía ser de otra manera, para el BIEN de este PLANETA...
Citar | Reportar al moderador
 

Escribir un comentario