hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Concello de Vigo inicia o proceso urbanístico para crear 600 novas vivendas en Cabo Estai (Canido)

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

caboestai O Concello de Vigo coñeceu hoxe o plan parcial presentado polos propietarios maioritarios do ámbito Cabo Estai Norte (Canido), de 240.000 metros cadrados de extensión, que incluirá 600 vivendas -cunha altura máxima de tres pisos- cun 50% de vivenda protexida, espazos verdes e zonas deportivas de uso público. O proxecto será recibido na Xerencia de Urbanismo a próxima semana.

O ámbito conta con 240.000 metros cadrados de extensión, dos que 10.000 irán adicados a equipamentos, outros 29.000 serán para zonas verdes e 20.000 m2 para abrir novos viais.

A propiedade plantexa erixir 600 vivendas, na súa maior parte unifamiliares e cunha altura máxima de tres pisos, co que o novo ámbito podería acoller a unhas 2.000 persoas, .

Destacan as características de adaptación ao terreo que presenta a promoción, como un corredor verde no ámbito, teitos das edificacións mimetizados co entorno e zonas deportivas de utilización pública.

Escribir un comentario