hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Concello de Vigo sufraga a construción da Escola de Música de Valladares con 150.000 euros

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

valadaresescmus O convenio rubricado polo Concello de Vigo e o Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares permitirá ao colectivo erixir a Escola de Música do barrio, sufragada ao 100% polo Goberno local. Os veciños elaboran o proxecto e constrúen o edificio con financiamento municipal, nun magnífico sistema de cooperación que procura aproveitar a calidade docente e musical da Unión Musical de Valadares.

Cabe destacar que a futura Escola de Música de Valladares será xerenciada polos propios veciños. O texto compromete ao Concello a "subvencionar ao 100% a construción da Escola de Música de Valladares, xerenciada pola asociación de veciños e financiada de forma total polo Concello", un "magnífico sistema de cooperación" que permitirá "aproveitar a calidade docente e musical da Unión Musical de Valladares".

O Concello coopera coa entidade veciñal para potenciar a "educación e ensinanza musical" do centro, do que participan aproximadamente uns 150 alumnos.

Escribir un comentario