hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O goberno local vigués inicia a tramitación do orzamento municipal para 2012

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

vgo O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que nos próximos días trasladará aos grupos politicos o borrador de orzamento municipal para 2012, unha vez a Comisión Nacional de Administración Local -celebrada días atrás en Madrid, coa presencia de Caballero- aclarou algunhas medidas de financiamento local. Tras a redacción dos informes técnicos, o rexedor prevé levar as contas á súa aprobación inicial en Xunta de Goberno Local.

O goberno local tramitará por tanto o texto para 2012 no escenario legal vixente e o alcalde conta con poder remitilos aos grupos políticos nas primeiras xornadas da próxima semana para o seu estudo. Paralelamente, os técnicos municipais redactarán os seus informes previos á aprobación inicial do orzamento en Xunta de Goberno Local.

Escribir un comentario