Un oasis dentro da cidade. Valdecorvos promete. Zonas verdes, aire que se agradece respirar, sen afastarnos apenas do centro e con todos os servizos (supermercados, centro de saúde, gardería…) preto. Para min, que son dunha vila pequena, o lugar é ideal.
Por iso decidín entrar a formar parte da cooperativa Pontecovi2008. Parecéronme pisos a prezo razoable (sobre todo, despois de rastrear todas as promotoras da cidade) e o lugar convenceume ao cen por cen. Xa imaxino aos meus futuros e hipotéticos fillos xogando no lugar, a min asomándome a ventá para mirar o horizonte. Encántame soñar.
Aínda estades a tempo de facervos socios, aínda quedan pisos baleiros que seguro que vos convencerán. Pasade por Valdecorvos, paseade pola zona, imaxinade como será vivir alí. Vaivos gustar.
Toda a información na páxina web.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















