hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Reunión entre os alcaldes dos concellos do Camiño portugués a Santiago na Illa de San Simón

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
san_simon_4
Os alcaldes de todos os concellos polos que transcorre o camiño a Santiago procedente de Portugal reuníronse na Illa de San Simón (Redondela) para debater diversos aspectos sobre a potencialización, conservación e difusión da ruta. Estas xornadas foron organizadas pola Fundación Camiño de Santiago, presidida polo pontevedrés Celestino Lores, e contou coa colaboración da Fundación Illa de San Simón.

As intervencións e debates centráronse na aplicación da lexislación aplicable ao ben Patrimonio da Humanidade, que é o Camiño de Santiago, e a súa repercusión nos territorios municipais. Tamén se debatiron aspectos relacionados coa seguridade vial dos peregrinos, a súa acollida e aloxamento nos albergues e a proxección e dinamización do Camiño, entorno e patrimonio anexo.
san_simon_6

A actuación conxunta inscríbese no convenio asinado entre as dúas institucións para a realización de  actividades relacionadas coas rutas xacobeas ao espazo insular. Tras a realización dun simposio de pintores o pasado día 20 centrado na pintura do camiño e a reunión dos alcaldes dos Concellos do Camiño Portugués, a Fundación Camiño de Santiago xuntará, en setembro, a hospitaleiros e hospitaleiras que atenden os peregrinos nos Albergues do Camiño Portugués dende Oporto a Santiago. No ámbito desta colaboración, que pretende ter continuidade, serán programados máis eventos no ano 2011, en favor da difusión da cultura e valores relacionados coas rutas xacobeas.

Escribir un comentario