Unha gran festa pechou as Colonias de Verán organizadas polo Concello de Pontevedra. Os rapaces dos sete centros onde se centralizaron as actividades pasaron unha mañá atarefada na que elaboraron directamente as comidas e larpeiradas, gozaron de xogos populares e vestíronse con roupas medievais tamén confeccionadas por eles.
O Concello de Pontevedra salientou o éxito do programa de Colonias de Verán, que este ano chegou a un total de 1.240 nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Unha programación que se repartiu en catro quendas quincenais durante os meses de xullo e de agosto e que se financiou cos fondos procedentes do Plan E.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















