hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Vigo acometeu melloras viarias en 2011 por valor de 2,1 millóns de euros

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

brigada O alcalde, Abel Caballero, visitou unha actuación da brigada de intervención rápida do Concello na Gran Vía, que o pasado ano acometeu preto dun millar de accións en rúas viguesas por valor de 2,1 millóns de euros. O rexedor apuntou que "é un bo servizo" que permite atender ás demandas cidadás no mesmo día, ademais de pavimentar 26 rúas.

O rexedor valorou este "avance bastante importante" na xestión municipal pois permite acelerar a resolución das demandas cidadás no tocante a pequenas reparacións viarias en pavimento ou beirarrúas.

Explicou o primeiro edil vigués que este servizo foi disposto polo goberno local hai pouco máis de tres anos, concesionado a dúas empresas por un custo en 2011 de 2,1 millóns. No pasado ano, a brigada realizou case 600 actuacións en beirarrúas por valor de case 800.000 euros e outras case 200 en bacheados, ademais de pavimentar un total de 26 rúas.

A brigada tamén efectúa reparacións concretas en distintos puntos da cidade, segundo apuntou o alcalde, como as realizadas en Canicouva ou o vial ao Campus Universitario. "A experiencia é moi positiva", indicou, pois permite "ser capaces de responder ás demandas dos cidadáns".

Escribir un comentario