hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Vigo esixe á Deputación que abone os 450.000 euros que adebeda ao Museo Marco

Masvedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

Foto0749 Unha moción socialista do Concello de Vigo levada a pleno esta semana e que tivo o apoio do BNG e a oposición do PP, demandou á Deputación de Pontevedra que satifaga a súa débeda desde 2009 co Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco), así como solicitar ao Presidente da Deputación, Rafael Louzán, a apertura dunha Comisión de Investigación sobre a custodia dos fondos públicos provinciais.

Unha engádeda presentada polo BNG e aceptada polo grupo propoñente, o PSOE, suma ao acordo que os gobernos provincial, autonómico e estatal "manteñan as aportacións" ao Museo xa que "son imprescindibeis para que continúe o labor cultural que desenvolve".

O pleno tamén solicitou á Xunta de Galicia a creación dun xulgado de 24 horas en Vigo e o mantemento da achega para a Fundación Juan Soñador de Vigo para o "Programa na rúa" de educación integral.

Escribir un comentario