
O Concello de Vigo adica un total de 87.000 euros ao novo sistema de radiocomunicacións da Policía Local. Trátase dun sistema de voz e datos que inclúe o aluguer das infraestruturas, un máximo de 255 equipos e o mantemento, que en casos graves será nun tempo menor á hora. O contrato será dun ano -prorrogable por outros 12 meses- e un investimento nesta mellora das radiocomunicacións da Policía Local de 87.000 euros.
Por outra banda, das 23 licenzas urbanísticas concedidas -e das que o Consello da Xerencia tomou coñecemento-, dúas son de novas edificacións, ademais de outorgarse catro de primeira ocupación e cinco de actividades. Pecháronse tamén 18 expedentes de ordes de execución ao realizar os propietarios os traballos requeridos polo Concello.
Escribir un comentario