hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Caballero cre que o coche eléctrico é a "mellor opción" para protexer o medio ambiente e o aforro enerxético

MotorVedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

cocheelectrico Moitos cren que os vehículos eléctricos serán os coches do futuro e moitas institucións están promovendo a súa implantación. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou o vehículo eléctrico como a "mellor" opción de futuro "para a protección do medio ambiente e aforro enerxético". Así o fixo constar diante dos medios de comunicación durante a presentación de dous puntos de recarga de coches eléctricos que desde hoxe funcionan no Centro Comercial Travesía de Vigo. Tras felicitar aos responsables das instalacións e a empresa matriz da tecnoloxía -NS2-, explicou que este tipo de iniciativas demostran que Vigo quere seguir a ser pioneiros no uso deste tipo de vehículos. "Especialmente tendo en conta que temos unha factoría, Citroën, na que se vai fabricar un vehículo comercial eléctrico que, probablemente, se converterá nun modelo familiar", apostilou.

Na mesma liña, lembrou que Vigo ten en marcha un proxecto, xunto con outras tres cidades europeas, -que estamos seguros de que imos gañar- indicou- para facer un estudo do vehículo comercial eléctrico e o seu uso na cidade, "xa están deseñadas zonas para ser usadas de forma experimental para a circulación de vehículos eléctricos". Ao mesmo tempo, referiuse ás axudas pendentes de adxudicar por parte do Ministerio de Industria das axudas para cidades piloto de vehículos eléctricos en España. As ordenanzas -indicou- xa están moi avanzadas, "están pendentes so de algunhas decisións administrativas". Neste sentido, lembrou o convenio de colaboración de tres millóns de euros asinado coa factoría Citroën para o desenvolvemento e lanzamento do vehículo eléctrico e subliñou que "son miles os empregos que dependen destas decisións"

Escribir un comentario