hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Preto de 50.000 persoas asistirán ao espectáculo automovilístico 'V Subida Internacional Cidade de Vigo' esta fin de semana

MotorVedra

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

escuderia Esta fin de semana se celebrará nas parroquias de Beade e Bembrive a quinta edición da Subida Internacional Cidade de Vigo, un gran evento deportivo automobilístico de gran calidade e gran nivel ao que os organizadores esperan que acudan preto de 50.000 persoas.

O presidente da Escudería Cidade de Vigo, Constantino Domínguez, organizadora da Subida, explicou que o percorrido transcorrerá por A Capela, Campaneiro e Subida ao monte con término na desviación ao Campo de San Esteban de Beade, un traxecto de máis de catro quilómetros de lonxitude.

A organización agradeceu a colaboración da Comunidade de Montes de Beade, a entidade menor de Bembrive, a Sociedade Cultural "Helios", a Deputación e a Federación Galega de Automobilismo, e en particular enviou un "gran agradecemento" ao Concello de Vigo, sen os que "non sería posible facer o evento este ano".

A primeira xornada desta proba, o sábado 10, iniciarase ás 8 horas da mañá ata aproximadamente ás 22 horas; namentres que o domingo concluirá a Subida sobre as 18 horas.

O pasado ano, na cuarta edición da Subida, rondou as 45.000 e 50.000 persoas, cifra que a organización do evento agarda igualar esta fin de semana ou incluso superala.

Escribir un comentario