O luns 6 de setembro comeza en Bueu a terceira edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Durante seis días, todos aqueles e aquelas que esteades interesados podedes asistir de balde ás distintas proxeccións no Centro Social do Mar de Bueu, situado ao lado da Praza de Abastos.
Dende o luns ata o venres, en sesións que comezan ás 21:30 e duran uns 70 minutos, proxectaranse as 25 curtas finalistas, chegadas dende lugares tan afastados como Tailandia, Uruguai ou Brasil, a razón de 5 proxeccións por día. Durante estas sesións, os asistentes poderán votar pola súa curtametraxe favorita, contribuíndo deste xeito á elección do gañador do premio do público.
O sábado 11 de setembro proxectaranse as curtas gañadoras e realizarase a entrega dos distintos premios. A cita será tamén ás 21:30 no Centro Social do Mar. Tras a cerimonia de entrega de premios, os asistentes están invitados á festa de clausura que terá lugar no pub Aturuxo de Bueu, con música en directo e un pequeno piscolabis.
Toda a información sobre o festival en: http://www.ficbueu.com/
Fotografía: Manuel Pena (director do festival), Andrés Lamosa e Félix Juncal concelleiro de cultura e alcalde do Concello de Bueu, patrocinador o evento).



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















