hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Salcedo

Nuestros Artistas

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

escola_musica
A Escola de Música de Salcedo abre o prazo para as matrículas do curso 2010/2011 o vindeiro xoves 26 ata o martes 31 de agosto. Aínda que as matrículas están abertas durante todo o ano, establécense estas datas para que os rapaces poidan iniciar ó principio do curso, o cal comezará o xoves 2 de setembro.
As matrículas poderán realizarse na oficina da escola, na rúa Cruceiro nº 6 de Salcedo, de 18:00 h. a 20:00 h. os días laborais e o sábado de 11:00 h. a 13:00 h. ou ven a través da páxina web: www.bandamusicasalcedo.tk, onde poderán descargar o impreso de matrícula, cubrilo e envialo por correo electrónico a: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Quen teña algunha dúbida poderá chamar o seguinte número: 678 232 879.

Cartel_matricula

A presentación do curso terá lugar o mércores 1 de setembro na sede da Escola, onde o Presidente da Asociación e mailo Director da Escola daranlles unhas pequenas instrucións ós alumnos e ós pais, e seguidamente poderán facer as eleccións de horarios cos respectivos mestres.
A oferta formativa deste ano académico abrangue as seguintes materias de carácter colectivo: Música e Movemento, Linguaxe Musical, Linguaxe Musical Adultos, Análise, Armonía, Canto Coral, Gaita e Percusión Tradicional,Grupo Percusión; e de carácter individual: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Violonchelo, Contrabaixo, Percusión, Piano, Piano Complementario, Gaita, Percusión Tradicional.
Cabe sinalar a inclusión de das novas materias como Linguaxe Musical Adultos e Gaita e Percusión Tradicional, coas cales se pretende cubrir unha gran demanda dun sector máis adulto. Tamén como novidade destacan as materias de instrumentos de corda: Violonchelo e Contrabaixo, que ata o de agora tiñan unha escasa oferta formativa.
Toda esta materias contan con prezos populares grazas ás axudas achegadas polas distintas administracións, así como pola propia Asociación, intentando desta maneira achegar a música ó pobo.
Nas vindeiras semanas tamén será presentado un novo proxecto da Escola de Música denominado Música nas Parroquias, o cal consistirá en impartir a materia de Música e Movemento, dirixida ós máis pequenos, nas distintas parroquias da comarca de Pontevedra. Este proxecto está cofinanciado principalmente polo Concello de Pontevedra.

Escribir un comentario