hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Belas Artes saca ás rúas de Pontevedra a cultura de Guatemala, Haití, Cuba e Costa Rica

Nuestros Artistas

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

belasartespo Hai xa máis de 15 días que se inaugurou a 31 Bienal de Arte de Pontevedra, que nesta edición está centrada no traballo de artistas de Centroamérica e o Caribe. Pero como sucede habitualmente cos museos só unha pequena parte da poboación se achega a botar unha ollada.

Co obxectivo de ampliar o seu alcance e achegarlle aos viandantes a cultura e a arte dos países representados nas exposicións tres alumnos da Facultade de Belas Artes crearon o grupo In-filtracións, que definen como unha plataforma de difusión. Son David Quinteiro, Tamara Lores e Bibiana Piñeiro e estarán ao longo da semana en diferentes prazas da cidade facendo audicións de música, proxectando vídeos, realizando lecturas literarias, ofrecendo diferentes talleres e cun punto informativo con catálogos dispoñibles para consultar todo o mundo, no que tamén ofrecen unha degustación de diferentes variedade de café de Centroamérica.

“O que fixemos foi idear un recurso transmisión para a Bienal”, comenta Bibiana Piñeiro. Para isto realizaron un estudo dos países que participan na Bienal e finalmente escolleron catro: Guatemala, Costa Rica, Cuba e Haití. “No caso de Haití non hai ningún artista nas exposicións, aínda que en certa maneira están representados polos de Santo Domingo, pero consideramos oportuno incluílo polo que acaba de vivir e por ser un dos países máis pobres de Latinoamérica”, aclara Bibiana. Confesa que a súa intención é achegar unha realidade diferente destes países da que aparece nos medios de comunicación, sempre centrada na pobreza e nos desastres, para amosar a riqueza da súa cultura, da súa música, do seu audiovisual, do seu teatro e, en definitiva, da súa arte.

Para recadar información puxéronse en contacto coa diferentes embaixadas. Sinala que en xeral foi moi difícil reunir materiais, máis duns países que doutros. “De Costa Rica, por exemplo, temos toneladas de cousas, pero de Haití foi case imposible, demos de fronte coa realidade, pois cousas polas que preguntabamos, determinados edificios, xa non existen”, relata Bibiana Piñeiro.

 

 

Escribir un comentario