O grupo folk galego Berrogüeto presenta hoxe venres, no Pazo sa Cultura ás 21:00h, o seu último traballo: "Kosmogonías". Este disco lévanos ao momento de partida por excelencia, ao Big-Bang, ao triunfo da materia sobre a antimateria. O seu directo transcende máis aló do son e supón unha experiencia que estimulará os cinco sentidos dos asistentes xa que se mestura a música e a imaxe.
As entradas poden adquirirse anticipadamente a través da web servinova.com ou no teléfono 902 504 500 a un prezo de 8 euros. O mesmo día da actuación estarán á venda na billeteira do auditorio do Pazo da Cultura dende as 19:00 horas a un prezo de 10 euros.
Escribir un comentario