O actor galego Luis Tosar recibiu a praca que o nomea como "Embaixador honorífico do Casco Vello de Vigo" de mans do tenente de alcalde, Santiago Domínguez. O acto tivo lugar na Casa Galega da Cultura e nel tamén participaron o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Trala entrega e a posterior rolda de prensa, todos eles realizaron unha visita polo Casco Vello vigués no que a primeira parada foi o bar ao que Tosar lle ten máis cariño, "O Chavolas", onde foi recibido con bicos, abrazos e case choros pola súa dona.
O actor explicou que non tardou moito en aceptar este recoñecemento, porque "aínda que non son de Vigo, teño moitos vínculos con Vigo, moitos amigos que viven aquí, experiencias cinematográficas, teatrais e incluso musicais... Por iso, aceptei encantado e o que da as grazas son eu".
Luis Tosar dixo que un dos seus sitios favoritos do Casco Vello vigués é a Praza da Constitución, "tamén toquei nela", lembrou. Destacou asemade o cambio que está a sufrir o casco histórico para "mellorar", algo que estaban reclamando os veciños e veciñas dende hai tempo. "Era necesario traballar na recuperación do casco histórico para recuperar parte da identidade de Vigo", sinalou.
Tosar asegurou sentirse moi orgulloso por este nomeamento e deu as grazas a todo o equipo de Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura, e animou aos vigueses e viguesas a gozar coas festas.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















Comentarios
Mi cordial enhorabuena y a seguir por le buen camino.
Aramburu
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.