hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Luis Tosar volve ao Festival de Cans (Porriño) con The Ellas

Nuestros Artistas

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

tosar O galego Luis Tosar volve ao Festival de Cans (O Porriño) para presentar un adianto do segundo disco de The Ellas. A banda liderada polo actor do momento tocará por primeira vez temas propios, ademais de versións de grandes éxitos de voces femininas. Está será unha das contadas oportunidades para velos este ano, debido á apretada axenda de Tosar.

O concerto será o sábado 22, ás doce da noite, no torreiro, dentro dun programa musical no que haberá moitas sorpresas, con artistas consolidados, propostas arriscadas e novas liñas de programación que aproveitarán os espazos singulares de Cans.

 

The Ellas está rematando a produción do seu segundo traballo discográfico, que presentará en lugares escollidos da xeografía española o próximo verán. A banda, liderada por Luis Tosar e da que tamén forman parte Piti Sanz, Iván Laxe, Suso Alonso e Ro Muñoz, comezou versionando grandes éxitos de voces femeninas como Cindy Lauper, Suzanne Vega, Bangles, Ronnie Spector e de bandas lideradas por mulleres como The Breeders, Alaska y Dinarama, Blondie, Abba, Gloria Gaynor, 4 Non Blondes ou No Doubt.

 

Luis Tosar é o actor do momento. O seu aclamado papel de Malamade, en Celda 211, valeulle o seu terceiro Goya, o premio da Unión de Actores, o da Crítica e o Mestre Mateo. Tosar é un incondicional do Festival de Cans. Foi o primeiro gañador do premio de honra, o Pedigree’04, e agora amósanos o seu apoio, unha vez máis, facendo un oco na súa axenda para participar na edición deste ano.

 

Escribir un comentario