hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O escultor cambadés, Manolo Paz, recibirá o Premio Deputación 2011 na categoría de cultura e arte

Nuestros Artistas

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

manolo-paz A Deputación Provincial de Pontevedra distinguirá a traxectoria artística do escultor cambadés, Manolo Paz, co Premio Deputación 2011 na categoría de cultura e arte, perante un acto que se celebrará o vindeiro xoves, 11 de agosto, no Salón Nobre do Pazo Provincial.

Ademais desta distinción, a entidade provincial concederá outras tantas nas categorías de “Deportes”; “Empresa”; “Labor Social” e Turismo; así como a Medalla de Ouro que lle será concedida á BRILAT de Pontevedra.

Con esta distinción, a Deputación Provincial de Pontevedra pretende poñer de relevo a contribición de Manolo Paz á proxección nacional e internacional da arte galega.

Manolo Paz naceu en 1957 en Castrelo, Cambados, no seo dunha familia humilde e traballadora que atendía negocios de carnicería e do campo. Alí, na casa familiar, iniciou a súa paixón pola escultura a través das tallas de madeira que realizaba coa súa navalla.

Entre 1978 e 1979 estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, de Santiago de Compostela. As súas primeiras exposicións públicas teñen lugar en 1979. En 1980 comezou a traballar como profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio, actividade que desenvolvería ata 1990. Desde 1992 a 1994 residiu e traballou en Nova York.

Manolo Paz traballa granito, fundamentalmente, pero tamén madeira e metal. Non obstante, é a pedra o seu material fetiche.

Fuente fotografía: www.coagpontevedra.es

Escribir un comentario