hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Pontevedra ponse de moda esta tarde coa 'Pasarela Debut 2010'

Nuestros Artistas

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

gal1

Varios anos de formación e uns meses de intenso traballo obterán a súa merecida recompensa cando o alumnado da cuarta promoción de Esdemga, Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia, vexa lucir as súas creacións na Pasarela Debut2010.

Será hoxe xoves ás 20.30 horas no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra con 12 proxectos “nos que amosarán todo o que son capaces de facer”, subliñou Lola Dopico, a directora de Esdemga, na presentación do extenso programa de actividades deste ano, que inclúe, xunto ao acto central que constitúe a Pasarela Debut2010, un abano variado de obradoiros e xornadas profesionais, a través das que o alumnado da escola poderá entrar en contacto coa realidade laboral e profesional.

A vicerreitora do campus, Antonia Blanco, amosouse especialmente satisfeita pola cantidade de premios, tanto a nivel galego como nacional e internacional, que están a recoller os egresados desta titulación, “o último o de Leticia Blanco que esta mesma semana se fixo co Tesoira 2010” e agradeceu a Lola Dopico todo o traballo que se está a realizar dende a escola “grazas ao que estamos a gañar un enorme prestixio, tanto a nivel galego como nacional”.

Comentarios  

 
+2 #1 Alex Regueiro 25-11-2010 09:56
Noraboa, e a ver se Galicia despega dunha vez no eido da moda. Agardo, como experto textil, que as creacións dos nosos novos valores non se queden nun título e nunha exibición.
O mais importante e que saiban optimizar a súa creatividade e que miren sempre ao frente sen deixar que ninguén lles diga que non valen para nada.
Así mesmo, todos os deseñadores temos público para vestir, hai moito tempo que a frase: "eso no lo pone nadie", foi desterrada do ideario da Moda.
Sorte a todos nesta andaina.
Citar | Reportar al moderador
 

Escribir un comentario