Estilo: Comedia, monólogos, teatro
Xoves 30 de setembro ás 21 horas, no Teatro Principal de Pontevedra.
Só?
Si. Só.
De jazz, feito coa palabra, coa luz.
De humor, feito a man, artesán, unha arte-sá; a da risa.
Nun escenario, só, un cómico fala.
Carlos Blanco, centos e centos de actuacións, de risos, milleiros de gargalladas provocadas.
|
|
|
Hai quen fai o Camiño e se atopa a si mesmo.
Hai quen fai o Camiño e atopa o amor.
Hai quen fai o camiño e atopa só bochas nos pés.
Carlos Blanco fixo o Camiño e atopou un espectáculo de humor:
Atascos nas corredoiras ata chegar primeiros aos albergues, pintadas fascinantes, unha hostalería (a nosa) con tódolos matices posibles, anécdotas en varios idiomas, e, ao fin, Compostela… ou quizais Fisterra.
Só. Un Camiño nunca visto.
O camiño de Santiago percorrido por un de Santiago: Un absurdo?
Algo así.
A nova aventura de Carlos Blanco ten bastón, mochila e ata coche de apoio.
Que cada quen fai o Camiño como pode.
Sexo, maniotas, máquinas expendedoras de todo tipo de cousas, lixo, carballeiras, polígonos industriais, consellos prácticos, aventuras…
E beleza, claro. Todo iso é Só. A nova aventura humorística de Carlos Blanco.
Un novo camiño para o humor galego.
Un paseo a bo ritmo polo interior.
Un desafío á intelixencia.
Unha delicatessen low cost.
Só.
Para non perder a fe... na diversión.
Un mundo.
Mais información e venda de entradas en www.servinova.com e www.caixanova.es
Promove: ProduOcio e Concello de Pontevedra



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook

















Comentarios
Un saludo.
Carmen
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.