hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A plataforma "Galicia con Garzón" ofrece este mércores un acto cívico no Teatro Principal de Pontevedra

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

Baltasar_Garzon

O Ateneo de Pontevedra colabora na organización do Acto Cívico “Galicia con Garzón”, que se celebra este mércores, 25 de novembro, ás 20,00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra. 

 

O acto, presentando pola xornalista Tareixa Navaza, comezará coa proxección dun audiovisual adicado ao xuíz Baltasar Garzón. A continuación, tomarán a palabra representantes dos colectivos que integran a Plataforma “Galicia con Garzón”, que darán paso á intervención de personalidades da vida social e cultural galega como Enrique León (ex comisario de Policía), Aurora Marco (catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega na USC, e autora do libro “Mulleres na guerrilla antifranquista galega”), Fernando Filgueira (médico e vicepresidente do Ateneo de Pontevedra) e Marilar Aleixandre (escritora). Na última parte do acto a xornalista Tareixa Navaza entrevistará a José María Mena (ex Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña).

Declaración da Plataforma “Galicia con Garzón”

Ante do inicio dos xuízos contra o Baltasar Garzón Real a Plataforma “Galicia con Garzón” fixo pública unha declaración institucional, o día 13 de xaneiro, para “(…) respaldar a traxectoria dun xuíz honrado e valente, comprometido a fondo coa xustiza, cos dereitos humanos, coa loita contra narcotráfico, co recoñecemento e respecto ós dereitos das vítimas da ditadura franquista en España, e contra da corrupción política. Un xuíz abandeirado da Xustiza Universal e da loita contra a impunidade dos crimes contra Humanidade.

Agradecer a súa coherencia e o seu compromiso coa Lei e cos dereitos da xente, que fan deste xuíz unha persoa querida por todos aqueles que no noso pais e no resto do mundo teñen “fame e sede de xustiza”. Quéreno as mulleres da Praza de Maio arxentinas, os demócratas chilenos, as nais galegas e do resto de España loitadoras contra o narcotráfico, as familias dos mortos e desaparecidos vítimas da guerra civil e da represión da ditadura franquista, os cidadáns que desexan un pais libre da corrupción política. Admírano en ducias de Universidades de todo mundo que o premiaron e honraron coas seus mellores distincións. Respecto e admiración que se estende as principais institucións xurídicas internacionais.

Apoiar a un xuíz tamén temido e odiado, si, pero polos delincuentes, polos narcotraficantes, polos terroristas, polos ditadores e corruptos calquera que sexa o seu signo político. Temido, odiado e perseguido polas tramas escuras o servizo de escuros intereses de poderosos grupos económicos e políticos que desexan velo privado do seu principal atributo: o de Xuíz.

Solidarizarse con Baltasar Garzón Real polo que merece, polo que representa e polo que simboliza. Non é esaxerado afirmar que para millóns de persoas en España, e mesmo en todo o mundo, os xuízos que agora está a piques de comezar van poñer a proba a calidade da democracia española e particularmente a do seu sistema xudicial.

Sería sorprendente e moi difícil de entender que antes de que os imputados na maior trama de corrupción política da que temos noticia no noso pais sexan xulgados e condenados, sexa expulsado da carreira xudicial o xuíz que iniciou esta investigación, e mais aínda tendo en conta que os feitos atinxen de xeito directo o partido político que con ampla maioría exerce hoxe o poder no noso país.

Dende do noso respecto obrigado á Xustiza, compartimos as preocupacións dun amplo sector da cidadanía polo estraño inicio dos procedementos para actuar contra este xuíz, e dos sucesivos incidentes igualmente estraños habidos ate agora, que incluso chegaron a sementar dúbidas sobre a limpeza e imparcialidade dos xuízos que agora se inician.

Sabemos do sentido da dignidade do pobo galego posta de manifesto en múltiples ocasións. Consideramos que sería indigno e impropio dunha sociedade que se di solidaria e democrática deixar só a Xuíz Garzón neste intre tan difícil para el, para a súa familia e para a nosa futura convivencia democrática. Nin Garzón nin o noso pobo o merecen.

Por iso, facemos un chamamento a toda a cidadanía para estender a solidariedade con Garzón. El sabe que non está só, mais é importante que tamén o sinta. E que o sinta o conxunto da sociedade galega. Non é ningún tópico afirmar que a causa e a loita de Garzón, e tamén a causa e a loita de toda e todos os homes e mulleres de ben”.


Escribir un comentario