hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A Policía Autonómica detén á presunta autora de catro incendios forestais en Arbo (Pontevedra)

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Funcionarios pertencentes á Xefatura Local de Vigo da Policía Autonómica veñen de informar da detención dunha veciña de Crecente, coma presunta autora de catro incendios forestais na localidade de Arbo (Pontevedra).
Coma consecuencia da vaga de lumes que afectaron durante este mes de xaneiro á parroquia de Cerqueliños, no concello de Arbo, membros da unidade de investigación da Policía Autonómica iniciaron un operativo de vixilancia na zona para o esclarecemento destes incendios.
Todos os lumes presentaban o mesmo modus operandi en relación cos inicios e franxas horarias, orixinándose todos eles no mesmo sitio. Das xestións practicadas, así coma das declaracións testificais, membros da Policía Autonómica procederon á detención da presunta autora dos lumes, que xa fora anteriormente detida no mes de maio do ano pasado por outros incendios acaecidos na mesma zona.
A Policía Autonómica sinalou que estes incendios puxeron en perigo as vivendas máis próximas, impedíndose danos maiores pola rápida intervención dos medios de extinción.
Por estes feitos, instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Ponteareas, que ordenou o seu ingreso en prisión.

Escribir un comentario