Esta medida foi adoptada e xa está en vigor, logo de que os técnicos municipais informaran de novas e importantes fendas detectadas no pavimento da calzada a consecuencia das obras dun edificio que se está a construír a carón da rúa, na parte alta de José Malvar.
O pasado mes de maio o Concello de Pontevedra, seguindo os criterios dos técnicos municipais, tamén acordou a paralización das obras e ordenou á empresa inxectar formigón para evitar o derrumbe da rúa.
Aquelas deficiencias subsanáronse polo que a empresa puido continuar a obra, pero agora volve a reproducirse o problema, polo que os servizos técnicos en coordinación coa Policía Local, acordaron o peche cautelar da rúa aos tráficos pesados, e ata que haxa garantías de que o tránsito destes vehículos na zona non afecten a rúa.
A empresa Construcuatro comprometeuse a comezar a inxectar formigón baixo a calzada dende primeira hora da tarde, para evitar consecuencias maiores na rúa.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















