hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A Praza de Barcelos será totalmente remodelada cun investimento de 234.000 euros

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

barcelos A Concellaría de mantemento dos espazos urbanos que xestiona Raimundo González Carballo dá un paso máis na conservación da concurrida praza de Barcelos, situada no corazón da cidade. Se nun primeiro momento acometéronse obras de emerxencia polos temporais do mes de xaneiro que obrigaron a levantar parte dos pavimentos dos paseos centrais, esta obra continúase agora polos procedementos de contratación convencionais, para avanzar na mellora da praza.

As obras que se proxectan son outro paso vital e ineludibre para poder atender as necesidades dun grande número de peóns, especialmente nenos, que empregan as zonas de xogo. Estes espazos atópasen moi dañados polo paso do tempo.

Neste proxecto refaranse as beirarrúas do perímetro da praza e reparase o pavimento de granito dos paseos do interior da praza que non fosen renovados nas obras de emerxencia, incluídas as escaleiras de acceso pola parte superior.

Tamén está previsto a pavimentación dos estacionamentos que sexa necesario, así como a adecuación ou construción de sumidoiros e canalizacións de pluviais para evitar os problemas actuais de asolagamentos en algúns puntos.

O orzamento desta segunda fase de mellora da praza de Barcelos ascende a 234.305 euros e será executada pola empresa E.C.Casas, gañadora do concurso. A obra poderá comezar un mes despois da sintura do contrato pola empresa, a finais de agosto ou primeiros de setembro.

A primeira fase

A primeira fase da recuperación da praza de Barcelos, realizada o pasado mes de febreiro, tivo un custe de 140.000 euros e consistíu na reparación de grande parte dos enlousados de pedra dos paseos centrais da praza que se viran moi afectados polos temporais do mes de xaneiro.

Naquel momento o Concello habilitara unha partida de 700.000 euros para executar diversas obras de emerxencia como a recuperación do paseo urbano dos Gafos ou o asfaltado de diversas rúas.

A mellora do parque infantil

Os traballos de mellora de Barcelos tamén inclúen un terceiro proxecto, exclusivo para a área de xogos infantís da praza, tal vez a máis empregada de todo o casco urbano. Un proxecto de 48.000 euros permitirá a colocación dun novo enlousado de caucho ao todo o parque infantil, dado que o actual ten algunhas zonas moi deterioradas, e tamén a reparación ou reposición de diversos elementos de xogos.

Fotografía: J.M. Pidre

Este terceiro proxecto atópase en fase de contratación, pero a concellaría confía en poder executar as melloras este mesmo ano.

Comentarios  

 
+1 #2 Ana Carballo Gomez 20-07-2011 13:18
Isto e un escándalo,ahora deixan aparcado o novo refuxio de animais para Pontevedra.
...El nuevo centro de recogida de animales transformará el actual, ''tercermundista'', en uno de los refugios de animales más modernos de Europa. Se trata de un edificio integrado en el paisaje, que apostará por la sostenibilidad y el medio ambiente
Citar | Reportar al moderador
 
 
+2 #1 Pelichas 18-07-2011 12:19
Pero, ¿en qué pais vivimos? El plena crisis y remodelar por esa enorme cantidad de dinero una plaza que fué hecha, bien o mal, hace no mas de ocho años. Señores del Ayuntamiento es nuestro dinero; por favor utilízenlo mejor.
Citar | Reportar al moderador
 

Escribir un comentario