hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Agustín Fernández anuncia o comezo de obras en cinco colexios pontevedreses

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

1282073046_0 A Concellería de Educación vai executar obras de mellora en cinco colexios pontevedreses. As melloras fináncianse coa modificación de crédito realizada polo departamento que dirixe Agustín Fernández o pasado mes de novembro.

En Santo André de Xeve a empresa Ediserpo executará a construción do peche do recinto escolar para erradicar definitivamente o problema que supón a entrada de coellos. Erguerase un murete de 192 metros de lonxitude coroado por malla metálica. Ademais, renovarase a malla exterior na totalidade do recinto, con outros 162 metros lineais. A obra ten un orzamento de 14.300 euros.

Por outra banda, no colexio de Vilaverde procederase á cubrición e pintado dos voados exteriores do edificio. Cun orzamento de 20.000 euros, vai ser executada por Decoraciones Casas. No colexio da Xunqueira I substituirase a carpintaría metálica (última fase) cun gasto de 21.000 euros. A obra será realizada pola construtora GPD. No colexio Manuel Vidal Portela arranxaranse as entradas principais. O orzamento será de 7.700 euros e a contrata corresponde á empresa Pon Yeso. Finalmente, no colexio de Campolongo rematarase a substitución do falso teito e as luminarias, xa efectuada en varias zonas do centro educativo. A obra será executada por Ediserpo por 37.000 euros.

O concelleiro destacou que cumpre así cos compromisos adquiridos coas comunidades educativas e resolve problemas que viñan sendo obxecto de reclamación dende hai tempo. Fernández destaca que trátase de obras que seguen a ir máis alá das competencias municipais (mantemento e conservación), pero que se acometen porque viñan de atrás. A partir de agora, o seu departamento será moito máis restritivo e centrarase en atender as necesidades que legalmente debe atender a institución municipal, deixando as restantes para o órgano competente: a Consellería de Educación.

Os expedientes afrontan xa os últimos trámites municipais e comezarán en breve tempo.

Escribir un comentario