hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Alfonso Rueda presenta na Audiencia de Pontevedra un novedoso sistema de envio telemático para solicitudes de cooperación xudicial

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

Audiencia_Pontevedra_4_22-07-11 O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial Manuel Almenar, presentaron este venres na Audiencia Provincial de Pontevedra unha iniciativa que vai permitir o envío telemático entre distintos xulgados das solicitudes de cooperación xudicial, os coñecidos como exhortos, eliminando deste xeito o papel e axilizando os trámites.

Segundo explicaron Rueda e Almenar, os envíos faranse a través do Punto Neutro Xudicial do Consello e o feito de que se faga de xeito electrónico incidirá na redución de tempos na súa tramitación e na simplificación da tramitación administrativa, sen que se produza ningunha perda de garantías xurídicas.

O proxecto piloto levase a cabo na cidade de Pontevedra, onde xa o pasado 1 de xullo os técnicos da Xunta realizaron probas do servizo de itineración de exhortos entre o Xulgado Social número3 e o Xulgado Mercantil número 2. Os secretarios xudiciais dos órganos utilizados como piloto valoraron a experiencia como positiva.

Así, o sistema permite unha maior eficacia e axilidade, evitando trámites que ata o momento se fan por escrito e a través de envíos postais. Tan só na provincia de Pontevedra e no primeiro semestre do ano se fixeron case 23.000 exhortos, dos cales máis de 4.500 procedían doutras Comunidades Autónomas. A nivel galego, realízanse uns 100.000 exhortos cada ano, solicitudes que se viñan realizando en papel e que poderán ser canalizados a través deste novo servizo.

O obxectivo é que, cando o proxecto estea rematado, se poidan enviar e devolver exhortos entre as distintas sedes xudiciais de Galicia e entre xulgados de todas as Comunidades Autónomas.

Plan Senda 2014
Esta iniciativa enmárcase nas actuacións do Plan Senda 2014 que ten como obxectivo modernizar a  Xustiza en Galicia mellorar os servizos, equipamentos e infraestruturas tecnolóxicas do ámbito xudicial galego, tal e como explicou a secretaria xeral de Modernización da Xunta, Mar Pereira, quen tamén estivo no acto.

Así segundo o previsto no plan, ao longo do segundo semestre do ano continuarase o proceso de renovación dos  ordenadores cunha antigüidade superior aos 5 anos, grazas ao cal xa se renovaron uns 1.000 equipos nas sedes de A Coruña, Ferrol, Vigo e Santiago. Durante o segundo semestre de 2011 completarase este proceso coa substitución doutros  500 equipos nas sedes de Pontevedra, Lugo, Ourense.  Con esta actuación renovarase o 87 por cento dos postos de traballo.  

Ademais, ampliaranse en 22 os  servizos de videoconferencia nos órganos xudiciais de Galicia e facilitaranse  sistemas  de videoconferencia  persoal para xuíces e fiscais.  Estes servizos están cofinanciados polos fondos FEDER.

Por outra banda, completarase a implantación do sistema de intercambio seguro de información Lexnet nos órganos xudiciais da provincia de Pontevedra, Lugo e Ourense. Actualmente contan con esta aplicación máis de 100 órganos xudiciais da provincia da Coruña.


Escribir un comentario