Antón Louro considera moi significativo que as dúas sentenzas emitidas polos tribunais ratificaran a irregularidade dos despedimentos, o que deixa en moi mal lugar aos responsables desta decisión que non tiña xustificación dende o punto de vista social, ao deixar foro do foco informativo a unha capital de provincia, e, ademais supuña, como agora queda constatado, unha inxustiza dende o punto de vista laboral.
O alcalde en funcións entende que os gobernantes públicos deben ser exemplares no seu respecto pola legalidade, especialmente en materia laboral, nestes momentos de crise, cousa que, lamentablemente, non se ten producido.
Finalmente, Louro lembra que os tres grupos políticos municipais opuxéronse no seu momento a esta medida e pediron a reapertura da delegación de Pontevedra, polo que insta agora ao Partido Popular a ser consecuente e a esixir a prometida reapertura, con readmisión dos traballadores incluída, con carácter urxente.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.