Nesta fase semifinal participan 47 alumnos/as pertencentes aos institutos: IES Valle Inclán, IES de Poio, IES A Xunqueira 1, IES Ponte Caldelas e IES Luís Seoane. O tema a debater será “A democracia actual permite a participación cidadá?”.
Os dous equipos que pasen esta semifinal enfrontaranse o vindeiro sábado 11 de febreiro, ás 11.30 h, no salón de actos do Café Moderno. Despois do debate, o xurado anunciará cal é o equipo gañador e terá lugar a entrega de premios.
O equipo campión recibirá un vale de 500 euros para mercar libros e/ou banda deseñada en galego, e o acceso á fase final galega e, o equipo finalista, será premiado cun vale de 300 euros, tamén para mercar libros e/ou banda deseñada en galego.
III Club de Debate do Concello de Pontevedra
Obxectivos da actividade:
Favorecer o emprego da lingua galega na mocidade, especialmente o uso oral en contextos formais e informais.
Traballar no afondamento e no coñecemento dunha das habilidades sociais máis importante: a fluidez comunicativa, ligada á oratoria.
Incitar o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade, deixando de lado os estereotipos da mocidade en canto intereses e preferencias.
Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.
Colaborar cos ENDL dos centros de ensino secundario no labor de dinamización do uso da lingua galega para acadar a normalización do idioma.
Membros do xurado:
Álvaro Xosé López Mira profesor do Grao en Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra
Manuel Artime, docente na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e membro da Aula Castelao de Filosofía
Marta Souto; técnica de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e membro da Coordinadora de Técnicos de normalización Lingüística (CTNL)
Ástrid Filgueira, docente, especialista en lingua galega e membro da Rede de Entidades Amigas de Lingua (REAL)
Ernesto Vázquez-Rey Farto, membro da Comisión de seguimento do Plano de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e vicecoordinador da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito desta mesma universidade.
Equipos participantes:
|
EQUIPO |
IES |
COORDINADOR/A |
ALUMNOS/AS INSCRITOS |
|
A |
IES Valle Inclán |
Manuel Lastra |
9 alumnos |
|
B |
IES A Xunqueira 1 |
Manuel Reboredo |
10 alumnos |
|
C |
IES Ponte Caldelas |
Mª Xesús Diéguez |
10 alumnos |
|
D |
IES de Poio |
Alberto Lago |
9 alumnos |
|
E |
IES Luís Seoane |
Luís Pereiro |
9 alumnos |
Calendario:
|
FASE |
DATA, HORA E LUGAR |
TEMA |
|
PRELIMINAR |
Sábado 4 de febreiro, ás 10 h, no salón de actos do Pazo da Cultura |
A democracia actual permite a participación cidadá |
|
FINAL |
Sábado 11 de febreiro, ás 11.30 h, no Café Moderno |
A lingua galega precisa ter un estándar |
Desenvolvemento da fase preliminar:
|
HORARIO |
EQUIPOS |
|
9.30h - 10h |
Chegada dos equipos; recollida de material e asignación dos seminarios |
|
10h-11h |
Debate A – D: IES Valle Inclán – IES de Poio |
|
11h-12h |
Debate B – E: IES A Xunqueira 1 – IES Luís Seoane |
|
12h-12.30h |
Pausa - café |
|
12-30h-13.30h |
Debate C – A: IES Ponte Caldelas - IES Valle Inclán |
|
13.30h-16h |
Xantar |
|
16-17h |
Debate B – D: IES A Xunqueira 1 - ES de Poio |
|
17-18h |
Debate C – E: IES Ponte Caldelas - IES Luís Seoane |
|
18.30h |
Coñeceranse os equipos que van pasar á final e as puntuacións dos debates |
Mecánica de cada debate:
O/A coordinador/a de cada equipo preséntalle a folla de composición do equipo á presidencia do xurado.
A presidencia do xurado presentará os equipos
Sorteo das posturas a favor e en contra entre os 2 equipos
A presidencia do xurado dá a coñecer as posturas
Iníciase o debate de acordo co procedemento establecido no regulamento (punto 10.4):
- A postura a favor será a que comece o debate.
- As quendas de participación dos equipos durante os debates seguirán esta orde:
AF (A favor) Exposición inicial: 5 minutos.
EC (En contra) Exposición inicial: 5 minutos.
AF Refutación: 5 minutos.
EC Refutación: 5 minutos.
AF Refutación: 5 minutos.
EC Refutación: 5 minutos.
EC Conclusións: 3 minutos
AF Conclusións: 3 minutos.
Duración total do debate: 36 minutos.
O xurado elabora a acta, que non se dará a coñecer ata o remate da xornada.
Premios:
Equipo campión: un vale de 500 euros para o equipo, para mercar libros e/ou banda deseñada en galego. De celebrarse unha fase final galega o equipo campión en Pontevedra clasificaríase para participar na final galega. De non habela, o equipo gañador tería tamén como premio final unha viaxe de fin de semana para 20 persoas.
Equipo finalista: un vale de 300 euros para os membros do equipo, para mercar libros e/ou banda deseñada en galego.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















