hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Balneario urbano a prezo reducido para maiores de 60 anos co programa Aquactiva

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

11166_100744523287360_100000554380418_19970_2304250_n A Concellaría de Benestar Social Municipal mantén aberto o prazo de inscrición ata o 2 de marzo, no programa Aquactiva, o programa vital para maiores de 60 anos que pretende promocionar a autonomía e hábitos saudábeis da poboación de maior idade. 

Neste caso é a través dun acordo co Spa urbano Spabílate que ofrece servizos como un circuito de hidroterapia que está composto por piscina dinámica, Spa vitalidade, spa osixenante, camas de auga, baño turco, pediluvio, duchas de contraste, ducha de esencias, ducha "blue", ducha cubo, paseo de chuvias, bar de froitas e sala relax. 

Ademais, a piscina mantén unha temperatura media de entre 34-36 graos centígrados, o que a converte nun grande aliado á hora de loitar contra o espasmo muscular e a rixidez, aliviando a dor e disminuíndo o impacto nas grandes articulacións.  Persoas con trastornos funcionais da columna vertebral, como as lumbalxias ou as cervicalgias, poderanse ver beneficiadas polo uso da auga como axente físico (fibromialxia, artrosis, osteoporosis…). 

Está pensado para persoas xubiadas e pensionistas do concello que teñan, polo menos, sesenta anos de idade. O número de prazas que oferta este programa son 40 e cubriranse por orde de chegada.

Todas as persoas interesadas en participar nen Aquactiva deberán presentar a na Casa Azul a seguinte documentación:

—    A solicitude

—    Fotocopia do Documento de Identidade

—    Fotocopia da Tarxeta Sanitaria

—    A declaración médica sobre o estado de saúde (se é portadora dun marcapasos, debe autorizarlle o médico a entrar no Spa).

O programa comezará o 6 de marzo e ampliarase ata o 30 de maio. Son sesións de 1 hora semanal a escoller nos horarios de 10-12 ou de 16-18 horas.

Os interesados deberán abonar unha cuota de 30 euros para catro sesións dunha hora semanal cada unha, a pagar en Spabílate. Ademais, estas sesións deben ser consecutivas.

Escribir un comentario